A acuaporina-1 é unha proteína que forma unha canle acuosa de membrana, que nos humanos está codificada no xene AQP1 do cromosoma 7.
A AQP1 é unha canle acuosa amplamente expresada, cuxa función fisiolóxica foi mellor caracterizada nos riles. Encóntrase nas membranas plasmáticas basolaterais e apicais das células dos túbulos proximais dos riles, o rama descendente da asa de Henle e na porción descendente dos vasa recta. Ademais, encóntrase nos glóbulos vermellos, endotelio vascular, o tracto gastrointestinal, as glándulas sudoríparas e os pulmóns.
Non é regulada pola vasopresina (ADH).